miércoles, abril 29

Ángeles adícanos un anaquiño do seu tempo

Unha peza musical para desfrutar todos xuntos

domingo, abril 26

Resistiré

Suhaila canta esta fermosa canciòn que seguro que xa coñecedes.
Animádesvos a cantarnos algo?

Joel canta para vos

Esta canciòn gústanos moito e cantámola moi a miúdo no colexio.

As vacas de Leo M.

Leo Marqués de 4 anos preséntavos as súas vacas 🐮

viernes, abril 24

A adiviña de Valentina

Valentina escolleu unha adiviña que lle contou súa avoa, para sacarvos un sorriso e animarvos.
Adiviñaredes de que se trata?

jueves, abril 23

Ola, como estadess???
Estamos moi de acordo con vos no importante que é para vos e para nos cociñar, unha porque sentímonos máis útiles e outra porque logo comemos o que cociñamos e case sempre está moi bo...jjj
Na nosa Residencia, en DomusVi Lugo, que así se chama, facemos un taller o mes de cociña...e facemos un pouco de todo...unhos días salado e outros doce.
O mes antes de que aparecera este covid,fixemos unhos faragullos e si queredes deixovos a receta:
Para duas personas:
-1 ovo
-100g fariña
-125 g leite
-unha pizquiña de sal
-aceite de oliva
Batides o ovo co leite e o sal
e ideslle botando a fariña hasta conseguir unha pasta semilíquida algo máis gorda ca das filloas
Nunha sarten poñedes un pouco de aceite e cando esté quente botades o compango e idelo desfacendo cunha culler e cunha espumaderea
Ides desfacendo a masa según se vai tostando hasta que quede en troziños pequenos
Podese acompañar con pedaciños de liscos fritidos, con mel, ou con chorizo...dependo do paladar...jjj
Bo proveito amiguiñ@s

 

Volveremos a xuntarnos


Rocío, de 6° de Primaria, cóntanos neste vídeo o que lle gusta facer e cómo está a pasar estas semanas de confinamento.

ABRAZOS!!


CANTO MÁIS TEMPO ESTEMOS SEPARADOS
MÁIS FORTES SERÁN OS ABRAZOS AO VOLVER A VERNOS!

martes, abril 21

Conectad@s!


Eva e Ánxela, de 1º da ESO, son as autoras desta imaxe coa que vos saudamos! 



Dibujando arcos da vella

Ola Coviamiguiños de Friol Para que vexades que nos tamén traballamos Mandamosvos unhas fotiñas dos dibuxos que tamen preparamos por aqui. xa sabedes|||| #xuntospodemosconseguilo

domingo, abril 19

UN DÍA MÁIS É UN DÍA MENOS



"Amosa o teu mellor sorriso, non te rendas e segue adiante. Moi pronto voltaremos a abrazarnos, a bicarnos e a compartir momentos xuntos".

Na cociña pasamos tempo


Un dos lugares onde máis entretenidos estamos é a cociña! Aquí, amasamos, cortamos, batemos, mesturamos... o que máis nos gusta facer son postres! Rosquillas, biscoitos, tortitas... Tamén somos culpables de acabar coa fariña dos supermercados!!


E vós, que postres coñecedes? Estaríamos encantados si podedes escribir algunha outra receita!
Para seguir investigando e comendo!!
Un abrazo grande para todos!!