domingo, abril 19

Na cociña pasamos tempo


Un dos lugares onde máis entretenidos estamos é a cociña! Aquí, amasamos, cortamos, batemos, mesturamos... o que máis nos gusta facer son postres! Rosquillas, biscoitos, tortitas... Tamén somos culpables de acabar coa fariña dos supermercados!!


E vós, que postres coñecedes? Estaríamos encantados si podedes escribir algunha outra receita!
Para seguir investigando e comendo!!
Un abrazo grande para todos!!

1 comentario:

  1. Ola, como estadess???
    Estamos moi de acordo con vos no importante que é para vos e para nos cociñar, unha porque sentímonos máis útiles e outra porque logo comemos o que cociñamos e case sempre está moi bo...jjj
    Na nosa Residencia, en DomusVi Lugo, que así se chama, facemos un taller o mes de cociña...e facemos un pouco de todo...unhos días salado e outros doce.
    O mes antes de que aparecera este covid,fixemos unhos faragullos e si queredes deixovos a receta:
    Para duas personas:
    -1 ovo
    -100g fariña
    -125 g leite
    -unha pizquiña de sal
    -aceite de oliva
    Batides o ovo co leite e o sal
    e ideslle botando a fariña hasta conseguir unha pasta semilíquida algo máis gorda ca das filloas
    Nunha sarten poñedes un pouco de aceite e cando esté quente botades o compango e idelo desfacendo cunha culler e cunha espumaderea
    Ides desfacendo a masa según se vai tostando hasta que quede en troziños pequenos
    Podese acompañar con pedaciños de liscos fritidos, con mel, ou con chorizo...dependo do paladar...jjj
    Bo proveito amiguiñ@s

    ResponderEliminar

E A MAIORES...UNHA MOREA DE BICOS

Estimados alumn@s e familias, neste momento tan excepcional que todos estamos vivindo, debemos transformar as dificultades en posibili...