martes, abril 13

E A MAIORES...UNHA MOREA DE BICOS




Estimados alumn@s e familias, neste momento tan excepcional que todos estamos vivindo, debemos transformar as dificultades en posibilidades e sacar o positivo desta pandemia; por iso dende o centro queremos humanizarnos un pouco mais poñendo o noso grauciño de area e mostrando así  a nosa cara máis solidaria.

Como sabedes, este curso puxemos en marcha un proxecto de encontros interxeracionais entre persoas maiores e alumnado.

Agora máis que nunca, os nosos maiores precisan mensaxes de ánimo, comprensión e agarimo,  porque esta situación que estamos vivindo non era esperable nas súas vidas, como tampouco nas nosas.


As persoas maiores  están a ser o colectivo  máis vulnerable nestes momentos. Os sentimentos de soidade acrecéntanse e por iso calquer tipo de contacto co exterior sería moi satisfactorio para eles.


Propoñemos dende o DO á mocidade e ás súas familias, que colaboren nunha iniciativa cos maiores de Domus Vi Lugo, Residencia de Outeiro de Rei. 

Queremos animar ó alumnado a comunicarse a través do noso blog colgando todo tipo de mensaxes.



Por darvos algunha idea poderedes optar por grabar en versión foto, audio ou audiovisual: micro relatos, contos, historias, situacións reais durante estes días: cociñando algo, traballando cos animais, desfrutando cunha mascota, escoitando o son dos paxaros, contando un chiste, cantando unha canción, bailando, mostrando un debuxo, ou incluso formulando preguntas ou dúbidas que teñades e que estes maiores vos poidan resolver. 



Non é preciso ter ningún tipo de coñecementos técnicos nin tampouco que eses comunicados sexan de gran duración, o importante é conseguir unha comunicación fluída ó longo dos días, como un diario de entretemento.



Calquera proposta será benvida e axudará ós maiores a pasar mellor o tempo.

Ademais dende a residencia, teredes posiblemente un feedback por parte dos usuarios.


Moitos convivides cos vosos avós, así que podedes aproveitar a pedir consellos para as vosas aportacións.

Pensamos que pode ser unha experiencia moi bonita e enriquecedora.


Aquí vos envío os correos ós que debedes ir enviando as vosas aportacións:

Se entre todos enviamos algo, os maiores terán cada día momentos de desfrute, e todo gracias a que lles regalástedes un anaquiño do voso tempo :)



- Infantil: angelagonzalezgalan@edu.xunta.es


- 1º, 2º, 5º: yflugilde@edu.xunta.gal

- 3º, 4º, 6º : jairo.rios@edu.xunta.gal

- 1º, 2º ESO: sarini.otero@gmail.com

- 3º, 4º ESO :beablabu@gmail.com


Moito ánimo, xa queda menos !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario