Estimados alumn@s e familias, neste momento tan excepcional que todos estamos vivindo, debemos transformar as dificultades en posibilidades e sacar o positivo desta pandemia; por iso dende o centro queremos humanizarnos un pouco mais poñendo o noso grauciño de area e mostrando así a nosa cara máis solidaria.
Como sabedes, este curso puxemos en marcha un proxecto de encontros interxeracionais entre persoas maiores e alumnado.
Agora máis que nunca, os nosos maiores precisan mensaxes de ánimo, comprensión e agarimo, porque esta situación que estamos vivindo non era esperable nas súas vidas, como tampouco nas nosas.
Propoñemos dende o DO á mocidade e ás súas familias, que colaboren nunha iniciativa cos maiores de Domus Vi Lugo, Residencia de Outeiro de Rei.
Queremos animar ó alumnado a comunicarse a través do noso blog colgando todo tipo de mensaxes.
Por darvos algunha idea poderedes optar por grabar en versión foto, audio ou audiovisual: micro relatos, contos, historias, situacións reais durante estes días: cociñando algo, traballando cos animais, desfrutando cunha mascota, escoitando o son dos paxaros, contando un chiste, cantando unha canción, bailando, mostrando un debuxo, ou incluso formulando preguntas ou dúbidas que teñades e que estes maiores vos poidan resolver.
Non é preciso ter ningún tipo de coñecementos técnicos nin tampouco que eses comunicados sexan de gran duración, o importante é conseguir unha comunicación fluída ó longo dos días, como un diario de entretemento.
Calquera proposta será benvida e axudará ós maiores a pasar mellor o tempo.
Ademais dende a residencia, teredes posiblemente un feedback por parte dos usuarios.
Moitos convivides cos vosos avós, así que podedes aproveitar a pedir consellos para as vosas aportacións.
Pensamos que pode ser unha experiencia moi bonita e enriquecedora.
Se entre todos enviamos algo, os maiores terán cada día momentos de desfrute, e todo gracias a que lles regalástedes un anaquiño do voso tempo :)
- Infantil: angelagonzalezgalan@edu.xunta.es
- 1º, 2º, 5º: yflugilde@edu.xunta.gal
- 3º, 4º, 6º : jairo.rios@edu.xunta.gal
- 1º, 2º ESO: sarini.otero@gmail.com
- 3º, 4º ESO :beablabu@gmail.com
Moito ánimo, xa queda menos !!!
Estamos moi de acordo con vos no importante que é para vos e para nos cociñar, unha porque sentímonos máis útiles e outra porque logo comemos o que cociñamos e case sempre está moi bo...jjj
Na nosa Residencia, en DomusVi Lugo, que así se chama, facemos un taller o mes de cociña...e facemos un pouco de todo...unhos días salado e outros doce.
O mes antes de que aparecera este covid,fixemos unhos faragullos e si queredes deixovos a receta:
Para duas personas:
-1 ovo
-100g fariña
-125 g leite
-unha pizquiña de sal
-aceite de oliva
Batides o ovo co leite e o sal
e ideslle botando a fariña hasta conseguir unha pasta semilíquida algo máis gorda ca das filloas
Nunha sarten poñedes un pouco de aceite e cando esté quente botades o compango e idelo desfacendo cunha culler e cunha espumaderea
Ides desfacendo a masa según se vai tostando hasta que quede en troziños pequenos
Podese acompañar con pedaciños de liscos fritidos, con mel, ou con chorizo...dependo do paladar...jjj
Bo proveito amiguiñ@s